Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

Actividade 24-25: A litosfera (Parte 2)

Imagen
  24-25. A litosfera (parte 2) Observa detenidamente a seguinte imaxe: agora observa esta outra: Contesta: (1)  Identifica as placas 1,2,3, 4, 5 e 6 . - 1: placa Euroasiática -2: placa Africana -3: placa Sudamericana e no sur a placa Escocesa -4: placa Norteamericana -5: placa Pacífica -6: placa de Nazca (2)  Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso?  Estas zonas se chaman límites converxentes, o que sucede nestes lugares é que debido as forzas compresivas a placa máis densa subduce debaixo da outra, ou polo contrario, poden xerar cordilleiras altas. No caso da 1 e a 2 prodúcese subdución e no da 3 e 4 prodúcense cordilleiras. (3)  Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso?   Estas zonas chámanse límites diverxentes, nos cales,mediante as forzas e esforzos tensionais as placas se...

Actividade 23: A litosfera

23. A litosfera   Nunha entrada anterior vimos as capas que forman a Terra. Na capa chamada Xeosfera diferencianse varias subcapas (codia,manto ...) pero hai unha especialmente importante: a Litosfera. Imos a estudala: (1)  Que é a Litosfera?. A litosfera é a capa superficial sólida da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola codia e a zona máis externa do manto, e mantén un equilibrio isostático sobre a astenosfera, unha capa «plástica» que forma parte do manto superior. (2)  A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura? A causa é a tectónica de placas, a cal consiste en que as placas litosféricas están en continuo movemento, e debido a isto ao chocar entre si, forman cordilleiras, se fracturan ou suceden distintos tipos de fenómenos xeolóxicos. (3)  Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.   As placas litosféricas son outro nome para as placas tectónicas, q...

Actividade 22: O cambio continuo da xeosfera

22. O cambio contínuo da xeosfera  A través dunha serie de imaxes imos a observar a aevolución da Terra, aínda que o obxectivo e aplicalo á Xeosfera. a formación da Terra  Fig.1:Un mapa de conceptos que explica a formación da Terra dacordo ca teoría dos planetesimais.   Fig.2: A transformación da Terra dende a súa formación ata a actualidade. Figs. 3 e 4: Movemento das placas litosférica ao longo do tempo. A actividade consistirá en facer un texto que explique (unicamente utilizando as anteriores imaxes) a formación e evolución da Xeosfera. A formación da xeosfera remóntase a máis de 4.600 millóns de anos ás colisións entre planetesimais que se formaron co sistema solar a partir dunha nebulosa que formou o sol e, grazas á gravidade, a aglomeracións de rochas e gas que formaron estes planetesimais. Debido ás colisións de planetesimais, a terra medrou e solidificouse, engrosando a súa codia e formando a partir dela un único gran continente chamado Panxea, xa que o núcleo da...

Actividade 21: As dúas caras da xeosfera

21. As dúas caras da xeosfera Como vimos na anterior entrada o método sísmico permite descubrir distintas capas na Xeosfera atendendo ao seu estado (sólido ríxido, sólido plástico, líquido ...). A isto se lle coñece como clasificación dinámica.  Paralelamente outros métodos de estudo dannos información de cal pode ser a composición química das distintas zonas da xeosfera. A isto se lle coñece como clasificación xeoquímica. Observa a imaxe e contesta: (1)  Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo? Está composto principalmente por ferro e está en estado sólido. O núcleo externo está formado por ferro e níquel, e está en estado líquido (2)  Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta? O fluxo de ferro e níquel fundidos ao redor do núcleo sólido da Terra desencadea unha corrente eléctrica que xera o campo magnético do planeta. (3)  Que relación hai entre litosfera e codia?  A tectónica de placas está formada pola c...

Actividade 20: As discontinuidades

  20. As discontinuidades A seguinte imaxe representa o gráfico de propagación das ondas sísmicas dende a superficie cara ao interior da Xeosfera. (1)  Cal é a diferencia entre as ondas P e S? como hai que interpretalas? Estas ondas créanse durante un terremoto, defeito son as ondas do terremoto, as que destrúen parte das nosas estruturas. As ondas P, son as ondas primarias, estas son máis rápidas que as S pero case non fan ningún dano, etas ondas serven para avisarnos da chegada das ondas S, ou secundarias, que son máis lentas, pero que ao chegar a superficie fan moito máis dano que as ondas P. (2)  As discontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan? Son zonas nas que se cambia de capa da terra e donde as ondas P e S aumentan ou diminúen a súa velocidade, a de Lehmann é o cambio do núcleo exterior ao interior, a de Gutenberg (A máis coñecida) Separa o manto do núcleo, por último, a de Mohorovicic sitúase entre os 35-70km de profundidade separando o manto da...

Actividade 19: Os métodos de estudo da xeosfera

  19. Os métodos de estudo da xeosfera  Iniciamos o cuarto bloque do curso, a Xeosfera, descubrindo os métodos científicos que se empregan para o seu estudo.  A Terra ten uns 6.371 km. de radio mentres que o sondaxe artificial máis profundo perforado é o realizado na década dos oitenta pola desaparecida Unión Soviética na península de Kola, no Círculo Polar Ártico  O chamado Kola Seperdeep Borehole chegou ata 12.263 metros. A pregunta é: como podemos coñecer o interior da Xeosfera cando na realidade apenas "rozamos" a súa superficie. (1)  Fai un esquema citando os métodos de estudo da Xeosfera. Os métodos de estudo da xeosfera son os métodos de estudo directos e os indirectos,  entrre os directos están os sondeos e minas, as erupcións volcánicas e a erosión entre outros; entre os métodos indirectos están os métodos sísmicos, gravimétricos, magnéticos, eléctricos, térmicos e astronómicos (2)  Compara os métodos directos e indirectos. O método directo co...

Actividade 18: A guerra do auga

  18. A guerra do auga E para rematar a unidade outra lectura. A vida e, por suposto, a nosa civilización non pode existir sen o auga. É un recurso tan valioso que a súa posesión orixina guerras e conflictos. Accede a seguinte noticia a guerra do auga e fai un comentario persoal dun mínimo de 6 liñas. Nun futuro non moi lexano a auga vai crear un gran conflito entre persoas, países e organizacións, porque é algo que utilizamos sempre e que é vital para nós. Debido a constante contaminación do medio e ao cambio climático, a auga está a escasear e isto xera un motivo de loita pola supervivencia, porque sen auga non hai vida. A partir de agora hai que tomar medidas para aproveitar máis a auga e depurala, porque vai chegar un punto no que xa non se poderá facer

Actividade 17: A dinámica das augas mariñas

  17. A dinámica das augas mariñas A dinámica das augas continentais xa foi explicada no ciclo da auga, pero a dinámica das augas mariñas ten outras peculiaridades. Factores como os ventos, a densidade da auga, a súa salinidade e a súa temperatura, a influenza do Sol e da Lúa ou mesmo o relevo submariño condicionan dita dinámica. En esta actividade tes que explicar brevemente como inflúe cada un dos factores citados anteriormente. O vento sopla sobre a superficie do auga, esta xera unha fricción e o arrastre de moléculas superficiais do auga; a distinta densidade da auga mariña, ligado coa súa salinidade fai que o movemento do auga sexa completamente distinto debido a súa distinta composición comparado con outros augas; a temperatura, cando fai moito calor, fai que suba o nivel do mar, ademáis tamén acelera a fusión dos xeos mariños... A lúa e o sol son os principais causantes das mareas, isto débese á atracción que exerce a lúa sobre as augas, a parte disto, o sol é o elemento pri...

Actividade 16: As EDAR

  16. As EDAR (1)  Que é a criba? É un proceso polo cal se separan os sólidos dos líquidos para eliminar así os residuos do auga para o seu posterior tratamento. (2)  Cales son as principais etapas na depuración das augas? Pretratamento, que se divide en cribado e desengraxado, desarenado e neutralización de augas residuais. Limpeza primaria, onde a auga pasa por un decantador e separa as pequenas partículas de residuos segundo a súa densidade. Depuración secundaria, nesta a auga pasa por outro filtro para que se lle eliminen as bacterias e virus (3)  Como se separa a area das graxas que están nela? Unha vez feito como se tratan as areas? A sedimentación fai que a graxa suba cara arriba e a area e o lodo caian ao fondo do decantador. Esta area e barro son despois procesados ​​en fertilizante para o seu uso na agricultura (4)  Que é a decantación? Dise así ao proceso mediante o cal se eparan substancias mezcladas pola súa diferencia de densidade (5)  En que ...