Actividade 20: As discontinuidades
20. As discontinuidades
A seguinte imaxe representa o gráfico de propagación das ondas sísmicas dende a superficie cara ao interior da Xeosfera.
(1) Cal é a diferencia entre as ondas P e S? como hai que interpretalas?
Estas ondas créanse durante un terremoto, defeito son as ondas do terremoto, as que destrúen parte das nosas estruturas. As ondas P, son as ondas primarias, estas son máis rápidas que as S pero case non fan ningún dano, etas ondas serven para avisarnos da chegada das ondas S, ou secundarias, que son máis lentas, pero que ao chegar a superficie fan moito máis dano que as ondas P.
(2) As discontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan?
Son zonas nas que se cambia de capa da terra e donde as ondas P e S aumentan ou diminúen a súa velocidade, a de Lehmann é o cambio do núcleo exterior ao interior, a de Gutenberg (A máis coñecida) Separa o manto do núcleo, por último, a de Mohorovicic sitúase entre os 35-70km de profundidade separando o manto da codia.
Comentarios
Publicar un comentario