Actividade 21: As dúas caras da xeosfera

21. As dúas caras da xeosfera

Como vimos na anterior entrada o método sísmico permite descubrir distintas capas na Xeosfera atendendo ao seu estado (sólido ríxido, sólido plástico, líquido ...). A isto se lle coñece como clasificación dinámica.

 Paralelamente outros métodos de estudo dannos información de cal pode ser a composición química das distintas zonas da xeosfera. A isto se lle coñece como clasificación xeoquímica.

Observa a imaxe e contesta:


(1) Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo?

Está composto principalmente por ferro e está en estado sólido. O núcleo externo está formado por ferro e níquel, e está en estado líquido

(2) Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta?

O fluxo de ferro e níquel fundidos ao redor do núcleo sólido da Terra desencadea unha corrente eléctrica que xera o campo magnético do planeta.

(3) Que relación hai entre litosfera e codia? 

A tectónica de placas está formada pola codia terrestre e a parte superior do manto inferior. A codia e o manto superior chámanse litosfera e poden estenderse ata 80 quilómetros de profundidade.

(4) Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica?

A codia oceánica é máis delgada e densa que a codia continental. A codia oceánica é de cor máis escura e máis densa. A codia continental está formada por rochas de composición e a codia oceánica está formada por rochas basálticas

(5) Na xeosfera hai correntes convectivas, donde e como son?

No manto terrestre atopamos as correntes de convección. e son o resultado do quecemento por gradientes de temperatura de distintos metales

Comentarios