Actividade 34: Conceptos básicos sobre a biosfera
34. Conceptos básicos sobre a biosfera
Para introducir a unidade ides a buscar as definicións dalgúns conceptos básicos da mesma:
Biosfera, ecosistema, biocenose ou comunidade, biotopo, especie, poboación.
Biosfera : Conxunto de tódolos seres vivos que habitán a Terra. Área ocupada por materia viva. É un sistema aberto que intercambia materia e enerxía co entorno
Ecosistema: É un conxunto de seres vivos que habitan nun determinado lugar, as características que definen o seu medio e as relacións que se establecen entre eles e co medio
Biocenose: Chámase así aos seres vivos de difernetes especies que viven nunha zona ao mesmo tempo e que interaccionan entre eles
Biotopo: É o espazo físico natural ocupado pola biocenose xunto cos factores físico químicos ou abióticos(humidade, salinidade, temperatura...), que son característicos do medio
Especie: Unidade básica de clasificación biolóxica. Unha especie é un conxunto de organismos ou poboacións naturais capaces de entrecruzarse e producir descendencia fértil.
Poboación: Conxunto de organismos ou individuos da mesma especie que conviven nun mesmo espazo e tempo, e que comparten certas propiedades biolóxicas, as cales producen unha alta cohesión reprodutiva e ecolóxica do grupo.
Comentarios
Publicar un comentario