Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

 12.O ciclo do auga

(1) . As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade?

A través do ciclo da auga vaise perdendo esa sal ata que xa case non queda

(2)  Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.

Condensación: Proceso físico que consiste no paso dunha sustancia en forma gaseosa a forma líquida

Glaciar: Masa de xeo acumulada nas zonas das cordilleras por encima do límite das neves perpétuas e cuxa parte inferior se desliza moi lentamente , como se fose un río de xeo

Río: Corrente natural de auga que flúe permanentemente e vai desembocar noutra, nun lago ou no mar.

Lago: Gran depósito natural de auga nunha depresión do terreo, que recolle augas pluviais, subterráneas ou dun ou varios ríos.

Humedal: Un humidal é unha zona de terra, xeralmente plana, cuxa superficie se asolaga de maneira permanente ou intermitente. Ao cubrirse regularmente de auga, o chan satúrase, quedando desprovisto de osíxeno e dá lugar a un ecosistema híbrido entre os puramente acuáticos e os terrestres.

(3) As augas mariñas son salgadas, de onde procede a súa salinidade?

Cando a auga precipita sobre a superficie faino con certa cantidade de ácido carbónico. Esta auga escorre polo terreo. Nas zonas rochosas, que conteñen minerais, a auga co paso do tempo e grazas a influencia do ácido antes mencionado, desgasta esas rochas quedando así con parte das sales minerais que grazas ao efecto da gravidade chegan as desembocaduras, xa sexan mares, ou océanos e incluso lagos.

(4) Define: nivel freático, marea, corrente mariña, onda.

Nivel freático. O nivel freático corresponde ao nivel superior dunha capa freática ou dun acuífero en xeral.

Marea. Movemento periódico de ascenso e descenso do nivel do mar, debido ás forzas de atracción gravitatoria que o Sol, e sobre todo a Luna, exercen sobre a Terra.

Corrente mariña. Unha corrente oceánica ou corrente mariña é un movemento das augas nos océanos e, en menor grao, dos mares máis extensos. Prodúcense debido aos ventos, por iso, podemos decir que no hemisferio norte, este movemento segue o que describen as agullas dun reloxo, pero no hemisferio sur, o movemento é antihorario.

Onda. Unha onda é unha ondulación de auga sobre a superficie do mar. As ondas viaxan moitos quilómetros pola superficie do mar a velocidades moi variadas e xeralmente morren nas praias. Normalmente, as ondas fórmanse polo vento.


Comentarios

Publicar un comentario