Actividade 11: O ciclo da auga (1ª parte)

 11. O ciclo da auga

(1)  Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan?

As grandes forzas que actúan no ciclo da auga son por un lado a enerxía solar, que permite a evaporación da auga, ou incluso a sublimación do xeo e que favorece o ascenso do vapor de auga resultante. Por outro lado temos a forza da gravidade, gracias a cal a auga que coa altura, condensa poida caer a superficie da Terra 

(2)  Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.

Gracias a acción da gravidade sobre as masas de auga que se encontra a gran altura nas nubes, esta precipítase hasta a Terra. Ao caer sobre o campo, parte dela queda retida na terra, sendo parte do alimento de prantas, outra pode acumularse formando lagos na superficie. A outra auga que pols porosidade do terreo non queda retida na superficie cae cara o interior, formando parte das correntes de auga subterráneas que a súa vez bifúrcanse en 2 camiños, un que desemboca na superficie. que tamén abastece de auga os lagos superficiais e o outro percorrido que acaba formando parte de mares e océanos. Según isto sucede, prodúcese paralelamente a evaporación da auga na superficie da Terra. Este fenómeno prodúcese debido a acción do Sol e non so nos océanos, tamén en toda auga da superficie da Terra. Isto produce o cambio de estado da auga de líquido a gasoso, afectando a súa densidade e facendo de esta menor, debido a temperatura deste vapor de auga. Este gas ascende acumulándose na troposfera e xerando nubes que cando grazas a altura, diminúe a temperatura, condensase o vapor, xerando pingas de auga líquida, que grazas ao efecto da gravidade cae sobre a superficie...

(3)  Define: escorrentía superficial; evaporación, infiltración, evapotranspiración.

Escorrentía superficial. Fenómeno que se produce cando a capacidade de infiltración do terreo é inferior a cantidade de auga que se deposita sobre el. Isto xera unha corriente de auga superficial.

Evapotranspiración. A evapotranspiración defínese como a perda de humidade dunha superficie por evaporación directa xunto coa perda de auga por transpiración da vexetación.

Infiltración. Proceso polo cal a auga na superficie da terra entra no chan. A intensidade da mesma débese a porosidade do terreo.

Evaporación. A evaporación é un proceso físico que consiste no paso lento e gradual dun estado líquido cara a un estado gaseoso, tras adquirir suficiente enerxía para vencer á tensión superficial.

Comentarios