Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

Actividade 28: Diapirismo e karstismo.

  28: Diapirismo e karstismo.  1. Que formación xeolóxica representa a seguinte imaxe? Defínea. A imaxe representa un domo de sal que ascende por debaixo da superficie da terra e que crea nesta unha estrutura en forma de cúpula , chamada diapiro salino.  2. Como se orixinou a depresión que se observa na superficie? Orixinouse debido ao domo de sal que ascendeu é afectou as demáis capas cercanas a superficie ata chegar a crear esa cúpula 3. Que son as zonas kársticas e que riscos teñen asociados? As zonas kársticas inclúen rexións xeográficas cuxo subsolo se caracteriza por unha xeoloxía dominada por calizas, dolomitas, mármores...Os riscos que teñen asociados son os afundimentos ou a subsidencia

Actividade 27: Os riscos asociados cas características xeolóxicas do subsolo.

27. Os riscos asociados cas características xeolóxicas do subsolo. Riscos como os producidos por afundementos ou por cambios de volume do terreo están relacionados tanto ca natureza das rochas (composición) como cas formacións xeolóxicas que estas orixinan (pregues ...) Vexamos algúns casos:  (1)  A imaxe anterior representa a composición litolóxica da península. Que subzonas litolóxicas a forman? Como é a natureza das rochas predominantes en cada zona? Que risco se poden derivar en cada caso? Esta formada polo terreo silíceo(granito e rochas metamórficas), calizo e arcilloso(arcillas e margas) (2)  Que é a subsidencia do terreo?. Cales poden ser as súas causas? É o afundimento do terreo debido normalmente a existencia de cavidades subterráneas tanto de orixe antrópico como natural. Isto débese a extracción de fluídos ou sólidos, o que fai que se reordenen as capas do subsolo, porque xa non teñen o soporte dos fluidos e solidos que se extraeron, e iso provoca qu...

Actividad 26: O relevo e os procesos gravitacionais

  O relevo terrestre é o resultado da interación entre os procesos xeolóxicos externos, que teñen a súa orixe na enerxía do sol e os procesos internos relacionados co calor do interior terrestre. Ademáis sempre esta presente a forza da gravidade. (1)  Que é a meteorización? Por dous exemplos. Chámaselle así a descomposición de minerais e rochas que se produce na superficie terrestre ou preto da Terra cando estes materiais entran en contacto coa atmosfera, a hidrosfera e a biosfera. (2)   É o mesmo meteorización que erosión?. xustifica a resposta. Non son o mesmo,  a meteorización é o martelo mecánico e químico que rompe e esculpe as rochas. A erosión transporta os fragmentos. (3)  Que son os procesos gravitacionais? Indica exemplos. Son os  fenómenos naturais que xeran formas de relevo degradativas nas zonas de desprendemento de material. Por exemplo os circos de erosión ou os depósitos de talud (4)  Os movementos gravitacionais (por exempl...